Discreta participación e boas marcas na xornada celebrada o sábado nas
pistas de atletismo de Balaídos na celebración do Circuíto galego que está reunindo aos mellores atletas da comunidade.
Moi boa temperatura e vento ocasional que influíu nalgúns rexistros, como o caso do 100m valos, que gañou Virginia Villar(Pto Alacante) con 13.99, seguida de Lorena Vázquez(OAAP), 15.03. O gañador
masculino en 110mv foi Javier Fidalgo (OAAP), 15.47.
Isaac Vicente (Marathon) lanzou o martelo a 67.41m, unha marca de bo nivel nacional pero lonxe dos ansiados 70 metros. Sara Arousa asinou 47.86 metros. En peso e disco dominio de Víctor Galego
(SGP) con 16.20m e 52.95m respectivamente.
Solange Pereira (Fuerteventura) rodou en solitario os 1500 metros nun tempo de 4.21.69. A atleta residente en Cangas é a actual campioa de España da modalidade tanto en aire libre como pista
cuberta.
Interesante duelo na lonxitude entre Lucía Pérez (Celta) e Leticia Gil (ADAS), ambas cun mellor salto de 5.57 metros. En categoría masculina, disputáronse o triunfo David Ferrer (SGP) 6.62m, Sergio
Rodríguez (COCO) 6.58m e Alberto Elena (Celta) 6.57m.
En 400m, o único en baixar de 50 segundos foi Javier Alvarez (Celta), con
49.94; nas mulleres, disputado final entre Lida Casal (RIA), 58.34 e Jessica Rial (Barbanza), 58.81. O 100m máis rápido foi o de Lida Parada (Barbanza), 13.06 e Miguel Gómez (Celta).
Nos 100 mulleres Consuelo Pérez Falque mellorou a mellor marca galega da catebgoria 45 cun rexistro de 13.59 e Monserrat Rivero igualou o de Altura de 35 anos con 1,54 metros.
CAMPIONATO GALEGO DE 5000 METROS JUNIOR – PROMESA
Na proba de 5000 de homes o junior do Ourense Acacdemia Postal, Huigo Loureiro
Cerqueira fíxose co titulo da categoria ao curzar a meta en 15.49.84, estando acompñado no podium por Samuel Rodriguez Gómez do Comesaña de Vigo con 15.54.96 e Brais Freire Suarez do San Fernando
Lucus cun rexistro de 15.58.30.
Na categoria promesa o vencedor foi Pablo Regadas Roman do Celta con 15.59.02, sendo segundo Santiago Garcia Rodriguez do Narón con 16.05.35 e en terceira posición Manuel Martinez Ageitos da
Sociedade Ximnástica con 16.17.25.
Soamente dúas promesa déronse cita no Campionato resultado vencedora Paula Mayobre Gonzalez do Ourense con 17.11.13 secundada pola atleta local do Comesaña, Sandra Mosquera Losada a 40 segundo da
vencedora