Ferrol y Vigo acollen los Campionatos Galegos cadetes e 5000 metros junior-promesa

O vindeiro sábado dia 28 Ferrol e Vigo acollen os campionatos galegos cadetes e 5000 metros .junior e promesa.
Os cadetes competiran nas instalacións da Malata de Ferrol coa disputa do campionato do seu categoria,
A cita ofrece a oportunidade dos atletas de gañarse unha praza para asistir coa Selección Galega de tomará parte no próximo Campionato de España de Federacións na localidade de Valladolid do 10 ao 12 de Xuño.
Prevese un gran campionato que contará cos mellores atletas da categoria e moitos deles intentase lograr marca minima para o Nacional de finais do mes de xuño en Castelló.
A participación contase con varios atletas posuidores da mellor marca galega na actualidade como son Daniel Chamosa do Cuntis en 3 Km. marcha en ruta e Mar Chillón do Vila de Cangas na mesma distancia, asi como con Eugenia Gil do Marineda nos 300 metros lisos.
En todos as probas da competición poderase ver ao futuro do noso deporte.
Circular CampionatoLista de inscritos.

Campionato Galego de 5000 Junior e Promesa – III Xornada Circuíto Galego – III Xornada Serie Municipal
Tambien o sábado nas pistas de atletismo de Vigo se beira unha xornada de nivel coa disputa do galego de 5000 metros, onde Alejandro Alvarez Costas do San Fernando Lucus é o que posúe a mellor marca desta tempada entre os inscritos .
Interesante os 5000 de mulleres coas presenza de tres das mellores fondistas galegas como son as atletas locais Esther Navarrete do Celta, Sandra Mosquera do Comesaña e Paula Mayobre do Ourense Academia Postal.
Conxuntamente co Campionato celébrase a III Xornada do Circuíto Galego e a III Xornada da Serie Municipal, e na probas programadas para esta xornada de darán citas moitos atletas de nivel, pois conta coa presenza de Miguel Gómez; Samuel Paz;Victor Galego; Isaac Vicente;Patricia Carballo;Lida Casal; Lucia Pérez;Sara Arosa; Noelia Ferradanaes entre outros.
A priori a proba máis interesante unha vez será en martelo de homes, que contará coa presenza de Isaac Vicente que intentará lograr os 70 metros Horario – Inscritos

Compartir: