Resultados

Victor Riobo roza o podium no nacional de milla en ruta,

Na localidade de Aranda del Duero disputouse o pasado fin de semana o Campionato de España de milla en ruta, unha competición relativamente xoven que cada ano capta a un maior número de atletas. Neste evento, participou o marinense Víctor Riobó, que loitou ata os últimos metros por optar a unha praza no podium, pero que finalmente tería que conformarse co 4º posto,facendo un rexistro de 4,17 segundos, o que sería un novo record galego. Tamén participaron un importante grupo de atletas veteráns, salientando a medalla de prata obtida polo atleta afiliado ao Atletismo Burgas, Domingo Alvarez, na categoría M-55. (Resultados) (Foto: Atletismo Burgas)

Compartir: