Mañá remata o prazo para inscribirse na III Media Maratón A Coruña 21

Lembramos a todolos atletas interesados en participar na III Media Maratón A Coruña 21 que mañá rematará o prazo, non aceptándose posteriormente ningunha inscrición mais. IMPORTANTE: Debido á gran cantidade de atletas inscritos, a organización agradece que o sábado dia 14 na tenda SportZone do Centro Comercial Dolce Vita (A Coruña) situada na rúa Newton 15 en horario de 11,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 21,00 pasan a retirar o seu Dorsal e Chip para evitar aglomeracións o dia da proba.

Compartir: