Última hora! A Sociedade Gimnástica de Pontevedra impóñese en Ourense

A Sociedade Gimnástica de Pontevedra liderou o encontro de División de Honra, con 194 puntos, disputado onte nas pistas de Monterrei. O equipo blanquiazul impúxose a Agrupación Deportiva Maratón (2º posto con 191 puntos), o Ourense Atletismo Academia Postal (3º posto-154 puntos) e o ISN Navarra At. (4º posto- 142 ptos.). Neste encontro destacar a marca de 16,59 metros en peso de Victor Galego Bernardez da SGP que mellora a súa record galego en 14 cm. No trocante ao atletismo feminino en Avilés, o Ría de Ferrol clasificábase en terceria posición con 159,5 ptos, por detrás do competitivo equipo do Puerto de Alicante, e o Krafft San Sebastian. Na primeira división o Real Club Celta de Atletismo rematou en segunda posición con 169 puntos no encontro celebrado en Salamanca. Mentres que no encontro feminino disputado nas pistas de Monterrei o Atletismo Feminino Celta remataba en segunda posición con 192 puntos por detrás do Atletismo Valladolid e por diante do Ourense Atletismo que remataría en terceira posición cun total de 162,5 puntos., Resultados

Compartir: