Un tráxico accidente nun río provoca a morte do xuíz compostelano Víctor Ónega

No día de hoxe recibimos unha triste noticia, o falecemento do xuiz compostelano Víctor Ónega. Según unha noticia publicada na semana pasada nun xornal de tirada autonómica sinálase que Víctor Ónega falecera cando estaba pescando nun río perto da comarca de Ponferrada. O xuiz aficcionado á pesca resbalou nunha pedra e non poido sobrevivir a forte corrente do río, así o relatan os bombeiros que participaron no rescate. Dende a Federación Galega de Atletismo desexamos transmitir todo o noso apoio a familia desta gran persoa, para todos aqueles que o coñecían, como era Víctor.

Compartir: