Resultados

Campionato de España de Clubs 2011

Seis son os equipos galegos que disputarán o campionato nacional de clubs, tres en División de Honra, o 30 de abril, e tres en Primeira División, o 1 de maio. O obxectivo desta primeira rolda será ocupar un dos dous primeiros postos que dan opción a disputar o ascenso, título ou permanencia na seguinte fase.
A cita máis interesante para os afeccionados galegos será a xornada de División de Honra masculina a celebrar nas pistas Josefina Salgado en Pereiro de Aguiar (Ourense), na que se enfrontarán o Ourense Atletismo Academia Postal, a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, a Agrupación Deportiva Marathon e o Grupo ISN Navarra Atletismo.
Ao día seguinte, novo duelo no mesmo escenario, coas mozas do Academia Postal, o Atletismo Feminino Celta, Esnova Xixón e Atletismo Valladolid, no que os dous equipos galegos parten coas dúas mellores puntuacións por estadillo.
Completan as xornadas, Ría Ferrol Concepción Arenal que competirá en Avilés o sábado e o Real Club Celta, en Salamanca o domingo.
A estes equipos hai que sumar os numerosos atletas galegos que militan noutros clubs nacionais en ambas as categorías e compiten tamén [Mais información]

Compartir: