Resultados

I Ciucuito Galego en pista

Boa participación na primeira xornada do I Circuíto galego de atletismo en pista celebrada nas pistas Josefina Salgado en Pereiro de Aguiar (Ourense), tanto en número como calidade. O vento condicionou moito as marcas en case todas as probas, invalidando o 100m feminino e soprando en contra para os saltadores de lonxitude.
Tendo en conta o nivel xeral da proba, destacar o lanzamento de martelo masculino, con Isaac Vicente (Marathon) como gañador, con 65.49m, pero con varias marcas de gran nivel. O 100m valos feminino ofreceu tamén un bo espectáculo, e Virginia Villar (Pto de Alacante) levou o triunfo indiscutiblemente cun tempo de 14.27.
Como actuacións máis sobresalientes, Víctor Galego (SGP) anotouse dobre vitoria, en peso con 16.06m e en disco, 51.85m. Rodrigo Avellaneda (COCO) marcou un bo rexistro en 100m, 10.96. Bonito duelo na altura masculina entre Diego Ares (OAAP) e David Barreira (ADAS), ambos en 1.86m. Na altura feminina, triunfo para Paula Ferreiros, 1.70m que ademais realizou o mellor 400m en 1.00.33. Sara Arousa (CAFC) lanzou o martelo a 44.00m e Marta Lolo (COCO) saltou 5.23m. Samuel Paz (Narón) gañou en 110m valos, 15.65, en pugna con Javier Fidalgo (OAAP), 15.84. Ismael Costas impúxose no 400m con 50.76.
Entre os máis novos, resaltar as marcas dos cadetes Eugenia Gil (Marineda), 42.04 en 300m, moi preto da mellor marca galega, que ademais a coloca en primeiro lugar do ranking nacional; tamén en 300m, Mario Becerra (COCO), 38.31. En 1000m, Miguel Otero (Cuntis), con 2.44.93 e Angela González (Comesaña SC), 3.06.49, Nos concursos, Sergio Paredes (Cuntis), 58.33m en martelo Resultados

Crónica y foto: Flor Currás

Compartir: