Resultados

Campionato Galego de Clubes

Este sábado en Ourense, unha das probas máis atractivas do calendario atlético.
As pistas de atletismo Josefina Salgado de Monterrei (Ourense), serán este sábado a sede do Campionato galego de clubs, unha das probas preferidas polos atletas.
Quince equipos de toda Galicia, sete masculinos e oito femininos, competirán en vinte probas diferentes, de todas as modalidades.
Un ano máis, a Sociedade Ximnástica de Pontevedra, Club Ría Ferrol-Concepción Areal, o Real Club Celta de Atletismo, o Atletismo Feminino Celta, Ourense Academia Postal, San Fernando Lucus, Atletismo Sierra Narón, Atletismo Vila de Cangas e Club ADAS Proinor do Barco, pelexarán pola vitoria, un posto de podio ou simplemente mellorar a clasificación do ano anterior, nunha loita desigual que inclúe equipos que militan na División de Honra española, Primeira División, Segunda, e outros que completan habitualmente aos grandes como equipo asociado nas competicións nacionais.
A priori, parten como favoritos o Ría Ferrol en mulleres, que revalidaría o seu título das últimas edicións e a Ximnástica de Pontevedra e o Ourense – vixente campión- en homes. A competición leva acabo cun atleta por proba e supón un ensaio de face ao campionato nacional de clubs a disputar en dúas semanas. O feito de que os grandes non adoiten recorrer ás súas fichaxes foráneas para esta cita e non poidan contar cos atletas asociados, que participan cos seus propios clubs, fai que as vitorias parciais estean moi repartidas. A suma total inclina a balanza, e as substitucións finais foron non poucas veces a clave do triunfo, achegando espectáculo e emoción Atletas inscritos

Compartir: