Resultados

Campionato de España de 10000m e Trofeo Ibérico. A campioa do mundo de campo a través entre os participantes.

As pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acollerá o Campionato de España de 10.000m o vindeiro sábado 2 de abril. Conxuntamente celebrarase o Trofeo Ibérico, que se estrea esta tempada, a disputar entre os equipos portugués e español, tendo en conta a clasificación dos catro primeiros participantes de cada país.
Oportunidade única para ver a algúns dos mellores especialistas, encabezados pola actual campioa do mundo de campo a través, Vivian Cheruiyot, flamante vencedora do mundial disputado en Punta Umbría o pasado día 20, como invitada de luxo.
En canto ás galegas inscritas, unicamente atópanse dúas ateltas, a campiona galega de 10.000m, Erea Rodríguez Ponte (OAAP) e a medallisa de bronce no pasado Campionato de España de maratón Yolanda Gutierrez do Comesaña Sporting Club. Tamén estará Vanessa Veiga do Atletismo Toledo con ficha por Castela-A Mancha. e Carlos Villamor da Sociedad Gimnastica de Pontevedra. Bótase en falta a atletas como Lolo Penas, Manuel Hurtado ou Gustavo Nieves, presentes nas últimas edicións. Galicia xa contou con esta proba recentemente. Foi no 2008, nas pistas de Balaídos en Vigo. Naquela ocasión os atletas buscaban o pase aos JJOO de Beijing, o que asegurou o gran nivel da proba. Varios españois, así como outros internacionais, conseguírono.

Máis información Atletas inscritos

Compartir: