I Campionato galego absoluto de inverno de lanzamentos longos. Lidia Parada, nova mellor marca galega junior de xavalina

Os mellores lanzadores galegos déronse cita este sábado en Balaídos, neste primeiro Campionato galego de lanzamentos longos de inverno. E para harmonizar co nome, a climatoloxía acompañou. Ata que na última proba da tarde chegou unha mellor marca galega do brazo de Lidia Parada (At Barbanza), a choiva fora a auténtica protagonista do campionato, condicionando as marcas e o desenvolvemento das probas.
En xeral destacar o bo nivel e a participación, con algunhas ausencias notables. A mañá comezou co disco feminino que gañou Belén Toimil (Narón) con 41.97m. A mellor marca en martelo feminino foi para a cubana Carmenza Delgado (RIA), 47.73m. O martelo masculino foi a proba con maior participación e nivel, pero a intensa choiva impediu mellores rexistros. Isaac Vicente (Marathon) fíxose co triunfo con 65.35m. Víctor Gallego (SGP) non tivo rival lanzando o disco a 50.83m.
O lanzamento de xavelina pechou a xornada, Manuel Uriz (UNIJ) gañou con 64.16m.
Lidia Parada (Barbanza), cun lanzamento de 45.85m volveu bater a marca galega junior de xavelina que xa mellorara en Toledo dia o día 12 con 44.68 m.

Fotos y crónica: Flor Currás

Compartir: