Os mellores especialistas galegos competirán en Vigo
O I Campionato Galego Absoluto de Inverno de Lanzamentos Longos celebrarase este sábado nas pistas municipais de atletismo de Balaídos, en xornada de mañá e tarde. Disco, martelo e xavelina,
masculino e feminino, serán as probas a disputar. Esta é unha competición que se estrea esta tempada, do mesmo xeito que a nivel nacional, ofrecendo aos lanzadores unha oportunidade máis de
comprobar o seu estado de forma e competir a un bo nivel, característico do sector.
Galicia estivo representada na edición española celebrada en Toledo o pasado día 12 por nove atletas, que se trouxeron catro medallas: un ouro, Frank Casañas, en disco; unha prata, Isaac Vicente,
martelo, e dous bronces, Mercés de Santaló en disco e Raimundo Fernández en xavelina. Esa participación valeulles a Casañas e a Vicente para ser convocados coa selección española para a Copa de
Europa, á que só o martillista vigués acudiu.
A particularidade das probas, que en pesos e medidas difiren segundo a categoría, fai que moitos novos valores con proxección a nivel nacional non poidan competir nesta ocasión, a diferenza do que
ocorre noutros sectores Atletas inscritos