Resultados

4 medallas para os atletas galegos. Impresionante rexistro de Ana Peleteiro! Record de España con 12,70 no triple.Ouro de Belen Toimil con record galego en peso e bronce de Luis González

A atleta do Club Atletismo Barbanza, Ana Peleteiro realizou hoxe no Campionato de España Xuvenil que se está celebrando en Zaragoza unha moi brillante actuación. Ana no só batiu o record galego absoluto senón que tamén pulverizou o record de España xuvenil de pista cuberta. No primeiro salto xa acadaba un bo rexistro de 12:60, pero foi no cuarto salto donde a atleta galega voaba ata os 12:70 mellorando así todos os seus rexistros anteriores. Nesa mesma proba, tamén participaba a atleta do Coruña Comarca acadando a cuarta posición con 11,51. No trocante ao resto de probas disputadas hoxe, salientar tamén a fantástica actuación de Luis González que acadaba a medalla de bronce no lanzamento. Noraboa para estes atletas!

A xornada do domingo nos deparón unha nova alegria e Belen Toimil do Narón revalida o titulo de Campioa cun gran rexistro de 13,48 metros e faise coa mellor marca galega da caegoria que estaba en posesión de Eva Costas con 13,39 desde o ano 2008. Belén fixo un gran concurso pasando dos 13,00 metros en tres lanzamentos. Asemade Ana Peleteiro acadou outra medalla mais quedando subcampiona de España no salto de lonxitude. ¡parabén¡ Video do Salto de Ana Peleteiro

Compartir: