Campionato Galego Combinadas pista cuberta: Sonia Beceiro, Campioa

Cunha baixa participación disputouse no Palacio dos Deportes da Coruña o Campionato Galego de probas combinadas baixo teito.
A atleta do Narón non tivo rival e proclamouse campioa cunha puntuación final de 2959 puntos. Sonia estivo acompañada no podium por Susana Castro Pena do Ria Ferrol e Veronica Vázquez Grande do Ourense Academia Postal.

Polo que respecta á categoria masculina o vencedor foi o gran favoritos e actual medallista no nacional promesa Santiago Ferrer con 4374 puntos, sendo segundo Alexandre Solla con 3318 e en terceira posición o veterano Xullo Ventin con 2326 Resultados

Compartir: