Boa actuación dos lanzadores galegos na I edicion do Campionato de España de
lanzamentos e os nosos atletas logrando facerse cun ouro a cargo do gran favorito de disco Frank Casañas con 63,21, unha prata de Isaac Vicente en martelo con
67,93 metros e dous bronce en disco de Mercedes de Santalo con 49,06 e Raimundo Fernandez en xavelina con 65,95 metros.
En xeral boas marcas de Frank,Isaac, Mercedes e sobre todo de Raimundo que logo de moito tempo sen tomar parte nunha competición da elite nacional demostra o seu bo facer ao achegarse aos 66
metros.
Destacar a progresión de Lidia Parada ao mellorar a súa mellor marcha galega de fai unhas datas de 44,60 en Portugal e lanzar 44, 68 metros .
Na proxima cita da Copa de Europa a próxima semana en Sofia, esperemos que Frank, Isaac e …………. teñan praza na Selección Nacional Resultados