I Campionato de España de Inverno de lanzamentos longos

Importante representación galega entre os participantes.
A Federación española de atletismo publicou a lista de inscritos para competir o vindeiro sábado 12 no I Campionato de Inverno de Lanzamentos Longos que se celebrará en Toledo. Este campionato substitúe ao Criterium de inverno habitual dos últimos anos ao que se acudía por invitación da RFEA. Así mesmo, servirá para confeccionar a selección de lanzadores que acudirán á Copa Europea en Sofía (Bulgaria) dos días 19 e 20 de marzo, á que poden acceden, ademais de por marcas mínimas, ata dous atletas absolutos e un promesa.
Nove son os atletas con ficha galega inscritos. En disco 2kg encabeza a lista Frank Casañas (Praias de Castelló), con 66.95m. Tamén competirá Víctor Galego, da Ximnástica de Pontevedra. En martelo 7.260kg, os dous atletas do Marathon discípulos de Hermida, Isaac Vicente, na segunda posición, con 66.35m e Pablo Denís. A proba de xavelina masculina conta con tres representantes galegos, Gustavo Dacal (SGP), tamén segundo na súa proba; Manuel Uriz (Unicaja) e Raimundo Fernández (Caixa de Burgos). En canto ás mulleres, destaca Mercedes de Santaló-Ossorio (Pto de Alacante) segunda inscrita en disco, e Lidia Parada (At. Barbanza) en xavelina.
Ausencias importantes tamén, por distintos motivos, doutros lanzadores galegos de nivel, como David Fernández Lemos, José Manuel Vila, Borja Barbeito, Nacho Fernández ou Angeles Filgueira.
O que referenda o bo nivel dos lanzadores galegos

Foto e crónica: Flor Currás

Compartir: