Tres son os campionatos nacionais que se celebran este fin de semana e que contarán con presenza de atletas galegos.
Campionato de España de Marcha en Ruta e Veteranos
Na localidade de Benicasim o domingo dia 6 daranse cita no Campionato Nacional,
os mellores marchadores galegos , que defenderán á Selección Galega na categorias cadetes e Junior.
A selección estará composta polos cadetes: Mar Chillón, Elena Fraguas, Maria Naveiras, Carmen Fuentes, Daniel Chamosa, Marcos Cintron, Duarte Traseira e Jorge Prieto.
En junior
os seleccionados son Rocio Carbia, Iria Piedras, Miriam Costas, Marisol Diz, Angel Menduiña, Francisco Durán e Fabio Pereira.
A expedición contará coa presenza do Director da Escola Galega de Marcha o ex.atleta internacional Santiago Pérez, estando acompañado polos adestradores Juan Luís Ramilo, José A. Pardal e Laura
Ferreiro. Más información
Campionato de España Junior
Once son os atletas inscritos para a disputa do Campionato de
España Junior que se celebra en Sabadell os dia 5 e 6 de Marzo.
Entre os favoritos para facerse con algún metal estarán Leticia Fernández nos 1500 e actual campiona de España da distancia e mellor marca das inscrtitas, Rodrigo
Avellaneda intentará mellorar o seu quinto posto da tempada anterior nos 200 metros.. Francisco Diaz e Erik Calvo tomasen parte dos 800, Adrian Estevez en
peso, coas ilusión de melloras os seus rexistro persoais.
En mulleres ademais de Leticia, intervendrán Yuliana Velasquez en 800; Laura Ferreiros e Ana Solla en Altura; Desiree Rodriguez
en Pértega e Alicia Merino en lonxitude. Todas elas con opcións de mellorar marca. Tamén salientar a participación de Sonia Beceiro nas probas combinadas,
Carlos Portos no 1.500 e Carlos Moro nos 60 m.v..
Campionato de España Veteranos
Na localidade andaluza de Antequera o fin de semana celébrase o Nacional de Veteranos, onde
un bo numero de atletas desprazaranse para intervir neste importante campionato.
Desexamos, al igual que en anteriores tempadas, que os nosos veteráns acaden un importante número de metais. Os atletas galegos demostraron este fin de semana no Campionato Galego de pista cuberta
celebrado o pasado sabado en palacio dos Deportes da Coruña o seu bo estado de forma.