No día de hoxe recibíamos a triste noticia do falecemento do pai dun dos mellores atletas galegos de tódolos tempos, Alejandro Gómez. Dende a Federación Galega de Atletismo desexamos transmitirlle a este magnífico atleta, todo o noso apoio nestes momentos tan duros polos que está a pasar. Asemade, enviámoslle o noso mais sincero pésame a toda a familia do falecido e desexamos que Alejandro, gran loitador na pista, no asfalto e no campo, loite unha vez mais para superar un dos momentos mais duros da vida de calquer persoa. Ánimo Alejandro!