ULTIMA HORA: Un total de 5 medallas foron as conseguidas polos cadetes galegos no Campionato de
España da categoria.
A atleta do Vila de Cangas, Raquel Vila logrou proclamarse campioa en peso cunha marca de 12,17 metros, mellorando o terceiro posto do ano anterior.
Tres foron as medallas de prata logradas por Iria Forjan do Barbanza en lonxitude cunha rexistro de 5,30; Pablo
Castro do Vila de Cangas cos seus 14,86 metros en peso, lonxe do seu mellor rexistro de 15,65 e Patricia Carballo do Coruña Comarca en 60 metros con 7.84 logra mellorar a
súa mellor marca galega en 10 centesimas rebaixando os record galegos no seu categoria e a xuvenil.
A medalla de bronce conseguiuna Miguel Otero nos 1000 metros cun rexistro de 2.40.42
Citar tambien a marca de 43.36 de Eugenia Gil do Marineda que mellora a mellor marca galega da categoria Resultados