Lidia Parada e Manuel Uriz seleccionados pola RFEA para o Encontro Internacional de lanzamentos en Hamburgo

Os lanzadores galegos Lidia Parada e Manuel Uriz, foron seleccionados pola RFEA para formar parte da selección española que viaxará ata Hamburgo o vindeiro día 5 de marzo. Lembremos que Lidia Parada establecía unha mellor marca galega junior de xavalina fai uns días nas pistas de Guimaraes, lanzando o artefacto a 44,60 metros. Nesta expedición tamén está convidado o técnico galego Javier Lopez Viñas. Noraboa para estes dous magníficos lanzadores! (Selección Española)

Compartir: