Estase celebrando en Valencia o Nacional Absoluto de pista cuberta e tras a
disputa da primeira xornada soamente tres atletas galegos tiveron competición:
Na pertiga feminina tomaron parte Lucia Ferreiro e Beatriz Viteri quedando ambas na 12ª posición con 3,40 metros.
Santiago Ferrer esta intervindo no Heptatlón e a finalizar a primeira xornada (60 m. 7.53; lonxitude 6,41; peso 11,45 e altura 1,81) ocupa a sétima posición con 2589 puntos
XORNADA SABADO TARDE : Jean Marie Okutu e Virginia Villar: Bronces
Gran concurso de Jean Marie Okutu en lonxitude logrando medalla de bronce cun bo rexistro de 7,57 a súa mellor marca persoal en indoor e iguala a mellor marca galega absoluta de
Saturnino Rodriguez lograda no ano 1975.
A segunda medalla de bronce conseguida por a vallista Virginia Villar cun bo rexistro de 8.64 e MMT
Gran rexistro na semifinal de 400 onde Begoña Garrido demostrou atopase en forma e as súas 54.96 achéganlle á súa mellor marca persoal de 54.81 e demostra que é clara favorita para
conseguir subir ao podium.
Bo comezo de Virginia Villar ao mellorar a súa marca da tempada con 8.69 nos 60 valos e clasificandose para a final.
Frouxo concurso en triplo de Lucia Pérez Currás que non foi capaz de achegarse aos 12,00 metros e tívose que conformar con 11,77 que lle levaron á praza 12.
Luís Moro cedio o titulo logrado o ano pasado e ocupo a cuarta posición con 5,10 moi lonxe dos 5,43 que logrou o pasado mes de xaneiro en Lyon.
Nada puido facer Iria Castro na semifinal de 800 e as súas 2.16.04 levoulle a ultímaa posición da súa serie, quedando eliminada
Desilusión nos 3000, Gustavo Platas e Paula Mayobre retiráronse
XORNADA DOMINGO:
Fantastico comezo matinal de
José A. Palomanes cun salto de 15,98 metros en triplo e nova mellor marca galega das categorias promesa e absoluta.
A final tivo un gran nivel e a pesar da serie de Palomanes (x-x-15,90-x-15,98-15-81) todos eles mellores que os 15,76 do ano pasado en Zaragoza. O cuarto posto de Afonso é moi meritorio, pois os
tres primeiro saltaron por encima dos 16,00 metros.
Interveu nos 60 valos Samuel Paz e as súas 8.41 de semifinais leváronlle a ultímaa posición . Quedando eliminado.
Nunha boa carreira de 400 metros Begoña Garrido logra o terceiro bronce para os galegos ao cruzar a meta en 55,34 soamente a 17 centesimas da vencedora
Gran carreira de 1500 onde tomaba parte Victor Riobo que finalizou na quinta posición cun rexistro de 3.49.04.Na carreira participaban atleta de gran nivel como Higuero, Olmedo
etc., o que vén valorar máis a quinta praza conseguida.
Nos 1500 femininos a atleta galega Eva Arias fíxose coa terceira praza cun rexistro de 4.28.06. Tambien participaba Solange Pereira que cuns discretos 4.39.76 logro a oitava posición
En peso feminino a xuvenil Belen Toimil lanzo o artefacto a 12,45 metros quedando en decima posición. Os seus dous nulos na competición non lle deu opcion a mellorar marca deste
ano de 13,12, pero Belén ten moitas opcións no campionato nacional do seu categoria
Para rematar bo campionato de Santiago Ferrer na combinadas ao mellorar a súa mellor marca persoal logrando un total de 4913 puntos e un quinto posto Resultados