Campionato España Absoluto de Pista Cuberta

O próximo fin de semana celébrase en Valencia o 47º Campionato de España en pista cuberta no Palau Velòdrom Lluís Puig,
A competición desenvolverase en sendas xornadas de mañá e tarde o sábado día 19, pola mañá a partir das 10.00 horas e pola tarde desde as 16,15 ás 20,15 horas. O domingo celébrase unha xornada única que comeza ás 10,00 e finaliza sobre as 14,30 horas..
O campionato de España será ultímaa competición baixo teito ene onde os atletas deberan gañarse a praza para o Campionato de Europa que se celebra en París (FRA) do 4 ao 6 de marzo.
ATLETAS GALEGOS
Un nutrida representación de atletas galegos intervendran no evento e algúns con opcións de medallas e posibilidades de tomar parte no Europeo .
Homes: Victor Riobo en 1500;Gustavo Platas en 3000; Samuel Paz en 60 valos;Luís Moro , pertiga; Jean Marie Okutu, lonxitude; Afonso Palomanes, triplo; Santiago Ferrer, heptatlon.
Mulleres: Begoña Garrido, 400; Iria Castro, 800; Paula Mayobre, 3000;Virginia Villar, 60 valos; Beatriz Viteri e Lucia Ferreiro, pértega; Lucia Pérez, triplo; e Belen Toimil, peso
Na edición anterior Luís Moro fíxose co titulo, logrando medalla de prata Begoña Garrido en 400, sendo bronce Jean Marie Okutu en lonxitude
Mais información

Compartir: