Paula Mayobre: vence no Campionato de España de Cross por Clubs

Na localidade onubense de Punta Umbria, a corredora galega Paula Mayobre do Ourense Academia Postal foi a mellor clasificada a nivel individual ao vencer con autoridade na categoria promesa cun tempo de 26.37 ao percorrer os 7500 metros do percorrido, mentres que Esther Navarrete do Celta entrou en segunda posición.
Por clubs a mellor clasificación de todos os equipos galegos foi para o Ourense Academia Postal na categoria promesa mulleres. Paula Mayobre, Iria Castro e Lucia Currales foron as compoñentes , as que se fixeron co terceiro posto Resultados

Compartir: