Diversos atletas galegos competiron nestes días en diversos controis e competicións máis alá da nosa comunidade. Salientar a actuación de Gustavo Platas que paraba o crono en 7´59´´12 nos 3.000 metros lisos celebrados no Control de Mediofondo e Fondo da RFEA en Sevilla o pasado venres. Neste evento tamén participou o marinense Victor Riobo que fixo un importante rexistro nos 1500 m.l. 3´42´´92. Por outro lado, no módulo do Consello Superior de Deportes en Madrid Jean Marie Okutu saltaba en lonxitude 7,56 cm, quedando a tan só 1 centímetro do actual record galego que data dende o ano 1975. Noraboa para todos eles!.