A reducida participación foi a característica principal do Criterium de saltos
de inverno celebrado no módulo cuberto de Ourense este sábado.
Dous atletas xuvenís sobresaíron ao gañar dúas probas: Iván Rodríguez
Maceiras, do Suárez Marquier, cun mellor salto en lonxitude de 6.40m, e 1.83m en altura e Alba Martínez Iglesias, do Ourense Academia Postal, que gañou a lonxitude con 4.94m e o triplo, 11.21m. No
triplo masculino, Afonso Palomanes non tivo rival. gañando con 15.30m.
Por probas, bo nivel na pértega, con vitoria de Lucía Ferreiro(RIA) con 3.55m. Santiago Ferrer, con 4.40m fíxose co triunfo masculino. Na altura feminina, un interesante duelo entre entre Ana Solla
(At Feminino Celta), 1.58m e Paula Ferreiros(LUCUS), 1.58m. A cadete, Saleta Fernández, da Gándara, saltou 1.55m. Resultados