Resultados

Paula Mayobre: Prata, Lucia Perez e Jose A. Palomanes bronces no Campionato de España Promesa

No Campionato de España Promesa de pista cuberta que se celebra en Sevilla, os atletas galegos fixéronse con tres metais na primeira xornada.

Paula Mayobre demostrou o bo estado de forma neste comezo de tempada e logrou facerse co subcampeonato en 3000 metros cun rexistro de 9.41.84, sendo cuarta na mesma proba Sandra Mosquera que paro o crono en 10.00.05.
As dúas medallas de bronce correron a cargo de Lucia Pérez en triplo cunha marca de 12,05 logrando pasar a barreira dos 11 metros.
O mesmo metal foi para José A. Palomanes en lonxitude cuns interesantes 7,23 metros. A oitava posición foi para Sergio Rodriguez con 6,43 m.
Tambien tomaron parte nesta primeira xornada Lucia Seijas en pentatlón cunha puntuación final de 2456 logrando a decima posición. En Heptathlon estan competindo Santiago Ferrer e Telmo Beceiro . En valos Alba Fernández quedou en semifinais con 9.88 e Teresa Rodriguez logrou meterse na final na que finalizou en septima posición con 9.51, Por ultimo Alberto Chaves non logrou meterse na final de 800 ao facer 1.55.15

Foto: xentileza de Flor Currás

Compartir: