Ultima Hora: Celebráronse nas vellas pistas da Cidade Deportiva de Riazor, os
campionatos galegos Xuvenil e Júnior de atletismo en Pista Cuberta, onde a marca máis destacada dos campionatos correu a cargo dunha vallista, Antía Martínez Queimaño, a morracense do Sociedade
Ximnástica de Pontevedra, pois as súas 7.81 foi a mellor marca por puntuación. Realmente as mulleres foron as que presentaron os rexistros de máis valor atlético, seguíronlle en mérito os 1.00.10
da atleta do OAAP. Yuliana María Velasques (tamén gañou os 800 en meritorios 2.19.89) logo viría por orde de mérito atlético a marca de 50 m do coruñés Rodrigo Avellaneda (Coruña Comarca) en 6.15,
tamén vencedor do 200 en 22.8 séguenlle en méritos os 4.45.84 e 10.14.67 de Leticia Fernández no seu dobrete de 1.500 e 3.000 m. a tudense do Ourense Atle.Acad. Postal.
Destacar tamén os 11,95 de Ana Peleteiro do Agrupación Deportiva Barbanza, os 8.72 en 50 m. valas de Miguel Pérez do San Fernando Lucus, os 5,55 m. de Alicia Merino do mesmo club.
Como curiosidade expor que nalgunhas probas o vencedor, e ata o nivel global foi superior nos xuvenís que nos júniores Resultados
Cronica: Joaquín Pérez