Resultados

II Xornada de Inverno en pista

As pistas de atletismo de Balaídos acolleron o domingo a segunda xornada de inverno en pista, rexistrando unha boa participación e a realización dalgunhas marcas importantes nas distintas modalidades, a pesar do ambiente frío e o vento racheado.

Por sectores, destacou o nivel da proba de lanzamento de martelo na que competían varios atletas habituais do nacional absoluto. Triunfo para Isaac Vicente (Marathon), actual subcampión de España, con 66.04m, seguido por outros dous discípulos de José M. Hermida, Ignacio Fernández (Fuerteventura), 58.23 m e Pablo Denís(Marathón), 57.23m. Moi disputada a proba de disco masculino, que levou David Fernández Lemos (OAAP) con 47.95m, por diante de Víctor Galego (SGP), 47.83m.
Nos valos, novamente sobresaíron os atletas de Virgilio G. Barbeitos. Javier Fidalgo (OAAP) gañou con folgura a súa proba de 60mv nun tempo de 9.02 e Antía Martínez (SGP) mellorou a súa marca absoluta con 9.70, seguida de Lorena Vázquez (OAAP) en 9.85. Os irmáns Jorge e Carlos Moro, do Riazor, realizaron bos rexistros en próbaa cadete, 9.93 e junior, 9.02 respectivamente.
O triunfo en triplo salto foi para os atletas célticos do técnico Alberto Salgado. Lucía Pérez rexistrou 11.71m e o junior Alberto Elena fixo un mellor salto de 13.45m. Tamén do Real Club Celta, vitoria para Miguel Gómez en 60m, 7.24; Javier Álvarez en 400m, 50.78 e Carlos Porto en 1500, 4.10.63. O 1500m feminino gañouno Iria Castro (OAAP) nun tempo de 4.55.79, e Esperanza Caldas (RIA) fixo o mellor 400m, con 1.02.32. En 60m, os mellores tempos foron para as cadetes Eugenia Gil (Marineda), 8.18 e Laura Chapela (At. Morrazo), 8.25 pero cun vento de 2.6. Antía Martínez realizou a mellor marca válida, 8.45 con -0.6. A pertiguista Lucía Ferreiro(RIA) saltou 3.00m e Santi Ferrer 1,75m en altura.

A atleta veterana do Feminino Celta, Loly García, repetiu marca de España na categoría W60. Na primeira xornada fíxoo en 3000m nun tempo de 12.20.2 e nesta ocasión superou o de 1500m, deixándoo en 5.50.91 Resultados

Fotos y crónica: Flor Currás

Compartir: