A FGA publicou na semanda pasada a Circular 85-2010 correspondente ás Axudas económicas para os atletas veteráns que participaron en competicións internacionais. A cantidade total destas axudas ascende a 7.000 euros, que serán repartidos entres os atletas galegos veteráns que participasen en competicións internacionais ou tivesen grandes resultados deportivos a nivel internacional. Ampríase ata o 7 de xaneiro o prazo de presentación de solicitudes. Mais información (Click Aquí)