ULTIMA HORA: No auditorio do Edificio
Administractivo da Xunta de Galicia de Lugo e coa presenza do Excmo. Alcalde de Lugo e personalidades locais e galegas, asi como representantes de diversas entidades colaboradoras co atletismo
celebrouse a IV Edición da Gala do Atletismo Galego.
Ante numerosos asistentes iniciar o acto coa presentación da Gala a cargo dos atletas internacional de marcha Lorena Luaces e Jorge Silva.
Iniciou o acto a delegada territorial da Secretaría Xeral para o Deporte, Raquel Arias, que actuou como anfitrioa, posteriormente o Presidente da FGA, D. Isidoro Hornillos realizou unha breve
presentación. Tamén estivo presente o alcalde de Lugo, José López Orozco e a Subdirectora Xeral de Deporte Ángela Lera, entre outras autoridades. Continuouse cun breve repaso á historia de
atletismo galego, asi como ao atletismo lucense desde os seus inicios ata a data, onde se citaron aos grandes atletas nacidos na cidade.
Seguidamente deuse paso á premiaciones a todos os atletas que se iniciaron merecedores ao galardon conseguido pola súa traxectoria durante a tempada recentemente finalizada.
Como colofón se fixo entrega dos mellores atletas galego do ano, que nesta tempada recaeu en Manuel Penas Blanco e Lorena Luaces Barril na categoria senior, sendo Borja Barbeito Gómez e Patricia
Carballo Penas na categoria Sub´23 e Soledad Castro Soliño e Julián Bernal Medina (DEP) en veteranos. VIDEOS
FOTOS