A Coruña acollerá a I Carreira San Silvestre da Coruña organizada polo Club Atletismo Rialto

O Club Atletismo Rialto en colaboración co Concello da Coruña e outros organismos organizará o vindeiro día 31 de decembro a partir das 17:00 horas a I Carreira San Silvestre da Coruña. O evento terá a saída e chegada na coñecida Praza de María Pita da cidade herculina, e transcurrirá por un circuito con moi boas vistas á costa coruñesa. A inscrición está limitada aos 500 participantes e a mesma terá un custe de 5 euros. Haberá camisetas para todolos participantes e degustación de roscón navideño. Para mais información pincha AQUÍ.

Compartir: