Finalizado hoxe en Santiago o proceso electoral para a elección de Presidente e Comisión Delegada da Federación Galega de Atletismo, convocado o 11 de outubro, Isidoro Hornillos Baz foi proclamado esta mañá, na Asemblea Xeral, Presidente da FGA. O seu mandato, que vén exercendo desde decembro de 2006, prolongarase por espazo de catro anos. Ábrese con iso unha etapa ilusionante para o atletismo galego na que culminarán os proxectos establecidos para este novo exercicio