Publicado o listado provisional de atletas becados pola FGA

Hoxe publicouse na Circular 78-2010 o listado provisional de atletas becados pola FGA. A Federación Galega de Atletismo no seu compromiso de establecer un sistema de becas propio e complementario a outros sistemas de becas (Fundación Deporte Galego, Real Federación Española de Atletismo, Deputacións, Concellos, etc.) outorgará un importante número de becas que oscilan entre cantidades de 600 euros ata os 6.000 euros. Con esta iniciativa a Federación Galega de Atletismo convírtese así nunha das poucas federacións cun sistema de becas propio. Os atletas galegos mais destacados contarán co importante apoio da súa federación. Asemade, lembremos que existen outras axudas que esta federación concedeu na pasada tempada, como son os recoñecementos médicos completos ou as axudas para categorías inferiores a través de perto de 4.500 euros en vales de material deportivo. Ábrese un prazo de 10 días naturais para posibles reclamacións. (Mais informacion)

Compartir: