Gran actuación das atletas promesa galegas no XVII Campo a través Internacional de Soria. Paula Mayobre, do
Ria de Ferrol entrou en segundo lugar, cun tempo de 30.06 precedida da marroquí Aicha Bani, que non contaría para a selección española. En terceiro lugar, a viguesa Ester Navarrete, do At. Feminino
Celta, en 31.05, a unhas centésimas de Solange Pereira, a atleta con ficha canaria fincada en Cangas, terceira española clasificada, que fixo un crono de 31.13, acusando unha lesión nun tendón. En
sétimo lugar, Sandra Mosquera do Comesaña, con 32.25.
A próxima cita será en Llodio o vindeiro domingo. Estas probas son determinantes para formar a selección que disputará o europeo en Albufeira o 12 de Decembro PRENSA