Resultados

A xuiz galega Dolores Rojas supera o examen de Panel IAAF Xuiz Internacional de Marcha

Dolores Rojas, presidenta do Comité Galego de Xuices, superou con éxito o examen realizado nos pasados días 29 e 30 de outubro en París para optar ao Panel IAAF Xuiz Internacional de Marcha. Un total de 52 aspirantes procedentes de todolos rincóns do mundo se deron cita nesta importante proba selectiva, superando o mesmo 31 xuíces. Entre eles, atópase a galega Dolores Rojas e o catalán Jordi Estruch. Asemade, xunto co comunicado emitido pola IAAF e recepcionado por Dolores no día de hoxe, infórmase tamén do nomeamento de Dolores para participar nos vindeiros Xogos Olímpicos de Londres 2012, o que sen dúbica algunha non só congratula á interesada senón tamén a toda a Federación Galega de Atletismo. Noraboa para esta xuiza por este importante éxito!

Compartir: