Fran Casañas fai a súa licenza pola Federación Galega de Atletismo

O discóbolo cubano que acadou o 5º posto nos Xogos Olímpicos de Pekin tramitou nesta tempada a súa licenza por Galicia. Frank Yennifer Casañas Hernández mostrou a súa ledicia de fichar por Galicia, non só no eido atlético senón tamén por ter familia galega, lembremos que está casado ca prestixiosa lanzadora galega Loly Pedrares. Con esta incorporación Galicia reforza aínda mais o seu equipo para competir na máxima categoría do Campionato de España de Federacións. (Foto Raquel P. Vieco)

Compartir: