A Federación Galega de Atletismo desexa informar a todolos clubes de Galicia a publicación da convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia a clubes e agrupacións deportivas escolares para actividades deportivas e para a súa participación en competicións oficiais para o ano 2011. Estas axudas teñen por obxecto o fomento e a promoción do deporte galego no seu ámbito deportivo-competitivo e no do deporte en idade escolar.Poderán ser beneficiarios das subvencións os clubs deportivos e agrupacións deportivas escolares de Galicia, inscritos, en ambos os casos, no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas da Secretaría Xeral para o Deporte. Esta convocatoria foi publicada no DOG de 21/10/10. O Prazo de presentación de solicitudes é de 35 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG. (Pincha aquí para descargar a convocatoria)