Un adestrador galego elexido para participar na Europa gets fit

Alberto Manuel Pérez, adestrador afiliado á Escola Galega de Adestradores, foi elexido pola Real Federación Española de Atletismo para participar no encontro que terá lugar en Marsella (Francia) os vindeiros días 8 e 9 de novembro. A RFEA participa nesta proxecto da Unión Europea denominado “Europa gets fit” (Europa en forma). O seu principal obxectivo é a promoción dun atletismo saudable a través dun seminario para a formación de técnicos especializados en deporte e saúde. En total participarán na actividade 9 técnicos de España elexidos entre todalas solicitudes que se rexistraron. Dende a FGA desexamos transmitirlle os nosos parabéns por esta participación neste importante evento.

Compartir: