Comeza o Curso 2010/11 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva

A dirección do Centro Galego de Tecnificación Deportiva anunciou hoxe a apertura do Curso que terá lugar o xoves día 16. A partir das 10:00 horas está prevista a chegada dos deportistas e a distribución das habitacións, posteriormente haberá unha serie de xuntanzas informativas entre pais/mais/tutores/adestradores e a dirección do centro. Ás 12:30 horas terá lugar a inauguración oficial do curso para posteriormente realizar un xantar ás 14:00 horas. Todolos deportistas que dispoñan da equipación oficial da FGA deberán levala para o acto inaugural. Programa de Actividades (Click Aquí)

Compartir: