Un ano máis o Concello de Porto do Son, baixo o control técnico da Delegación da FGA de Santiago, organizará a XVI Milla Urbana Concello de Porto do Son. A proba está aberta para todolos participantes, dende prebenxamíns ata veteráns. Haberá premios en metálico para os 7 primeiros atletas masculinos que cheguen á meta e as 5 primeiras mulleres, ambos da carreira promesa/senior. Tamén existirán premios en metálico para os tres primeiros atletas veteráns, tanto en masculino como en feminino. Para o resto de categorías haberá trofeos para os tres primeiros clasificados. As incricións poderán facerse a través da delegación de Santiago ou ata unha hora antes na secretaría da competición.