Este sábado celébrase o Maratón Popular San Xoan de Piñeiro en Mugardos

Este sábado a partir das 18:00 horas terá lugar no Concello de Mugardos a XXIX Maratón Popular San Xoán de Piñeiro. Haberá trofeos para os tres primeiros atletas de cada categoría. O evento ten carácter popular e familiar, habendo categorías para todalas idades, dende pitufos ata os superveteráns. As inscricións poderanse facer ata unha hora antes do inicio da proba.

Compartir: