Yolanda Gutiérrez (CSC) e Carlos Villamor (SGP) proclámanse Campións Galegos de Media Maratón na localidade de Petín

Na localidade de Petín celebrouse esta mañá o Campionato Galego de Media Maratón e o I Medio Maratón de Petín. Ata alí achegáronse perto de 250 atletas para participar nesta primeira edición. Nunha mañá donde o calor foi o principal protagonista, o Concello de Petín volcábase con tódolos seus medios na organización deste campionato, sendo excelente a labor de todo o persoal da organización. Ás 10:00 en punto dábase a saída a carreira, que transcurriu por un magnífico circuito homologado pola RFEA e cunha paisaxe digna de ollar. No trocante á clasificación federada, Carlos Villamor, atleta da Sociedade Gimnástica de Pontevedra, sería o primeiro en parar o crono cun tempo de 1´12´29, escoltado polo atleta Manuel Oliver Pérez do Club Atletismo Coruña Comarca (1`14`17) e Miguel Fernández, atleta do Club Atletismo Vigo (1`15`48). Na clasificación feminina, Yolanda Gutiérrez facíase co título de Campiona Galega cun tempo de 1`24`34, a medalla de prata iría a parar nas mans da veterana internacional María Soledad Castro (1`26`02) mentres que o bronce sería para María de las Mercedes Gómez (1`38`26), todas elas atletas do Comesaña Sporting Club. Na clasificación de veteráns, os vencedores foron, Manuel Oliver e María de las Mercedes (35), Pedro Alen e Montserrat Carreira (40), Miguel Fernández e María Soledad Castro (45), José Álvarez e Aurora García (50), José Matías Regueira (55), Francisco Aguilla (60), Antolin Rodriguez (65) Manuel Rosales (70). A xornada rematou cun gran xantar gratuito ofrecido polos organizadores para todolos participantes. A Federación Galega de Atletismo desexa felicitar a todolos atletas participantes e especialmente ao Concello de Petín e ao seu alcalde pola súa gran implicación no evento. Clasificación por clubes: Masculinos: 1º Atletismo Vigo (4´01´08), 2º Coruña Comarca (4´05´05), 3º Club Alejandro Gómez (4´21´42), 4º Egovarros (4´22´17), 5º ADAS (4´24´23), 6º Atletismo Porriño (4´31´28), 7º Veteráns de Samil )4´31´42), 8º Val de Rábeda (4´41´08), 9º Comesaña Sporting Club (4´47´27) e 10ª Marisqueiro (4´59´09). Clasificación feminina: 1ª Comesaña Sporting Club (4,15´37) e 2ª Club Alejandro Gómez (5´50´53). Título Honorífico ambas categorías para o Comesaña Sporting Club.

Compartir: