José Luis Tuimil, novo Director Técnico da Federación Galega de Atletismo

A Federación Galega de Atletismo conta dende hoxe cun novo membro, trátase do Prof. Dr. José Luis Tuimil, persoa moi vencellada ao atletismo en diferentes ámbitos. Pepe Tuimil é profesor Titular da Facultade de Ciencias do Deporte da Universidade de A Coruña e Vicedecano de Organización Académica, Adestrador Nacional de Atletismo dende o ano 1980 dirixindo anualmente a numerosos atletas, algúns deles de nivel internacional,tal como é o caso do atleta Manuel Penas, foi Director Técnico da Delegación de Atletismo de Ferrol, Responsable da Sección de Marcha da FGA e Director-Coordinador de Deportes do Concello de Narón, asemade realizou numerosos traballos de investigación no eido do alto rendemento. Pepe Tuimil sustituirá no cargo de Director Técnico da FGA a Marcos Seijo, quen asumiu durante anos eficazmente esta función e que agora asumirá outras funcións en distintas áreas de traballo da FGA. Con esta incorporación a Federación Galega de Atletismo convértese nunha das poucas federacións que contan no seu equipo técnico con numerosos profesionais do deporte co título de Doutor, grao académico universitario de nivel máis alto, ademais de contar con ex atletas olímpicos.

Compartir: