O vindeiro sábado día 4 de setembro terá lugar na Igrexa Parroquial de San Pedro da Torre o acto de nomeamento de Fillo Predilecto do Concello de Maceda a D. Francisco Nóvoa Rodriguez, Presidente do Club Ourense Atletismo Academia Postal. O acto estará presidido polo Alcalde do Concello de Maceda. Dende a Federación Galega de Atletismo desexamos transmitirlle a D. Paco Nóvoa a nosa máis sincera noraboa por este recoñecemento froito do seu traballo, constancia e dedicación.