Todo preparado para a celebración do Campionato Galego de Media Maratón, Petín 2010

O Concello de Petín estase a volcar completamente na organización deste importante Campionato Galego de Media Maratón que se celebrará na localidade valdeorresa de Petín o vindeiro domingo día 5 de setembro. A proba celebrarase conxuntamente ca I Medio Maratón Petín nun Circuito homologado pola RFEA. O concello de Petín súmase así a lista de concellos preocupados polo fomento da práctica da actividade física saudable, sendo un modelo a seguir. A proba terá lugar a partir das 10:00 horas e a mesma contará con todolos servicios establecidos pola lexislación actual sobre probas deportivas na vía pública: seguro de accidentes, servicios sanitarios, servizo de gardaroupa e duchas, etc.

Tamén entregarase a todolos participantes que abonaron a inscrición unha bolsa do corredor con numerosos agasallos. As inscricións estarán abertas ata o día 2 de setembro. Inscríbete xa e disfruta do atletismo na Comarca de Valdeorras!

Compartir: