A Escola Galega de Marcha continua as súas actividades nesta tempada ca celebración dunha Concentración dos atletas e adestradores deste sector tan importante para o atletismo galego. A mesma está goza da dirección e supervisión do olímpico D. Santiago Pérez, director da Escola Galega de Marcha. Un total de 25 atletas poderán disfrutar desta actividade ata o día 16, data prevista de remate da mesma. Os atletas e adestradores estarán aloxados nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva cedidas pola Secretaría Xeral para o Deporte. Ao longo destes días, faránse xornadas de técnica, adestramento, e especialmente intercambio de opinións e experiencias entre atletas e adestradores.