Resultados

Hoxe publicouse o listado de atletas becados cun recoñecemento médico completo

Dentro das distintas accións contempladas no Plan Galego de Tecnificación Atlética 2009/10 englóbanse os recoñecementos médicos completos. A FGA a través do convenio ca Unidade de Medicina Deportiva do prestixioso Hospital Santa Teresa, sito na Coruña, deu a coñecer na Circular 58-2010 o listado de atletas becados cun recoñecemento médico completo basado nunha revisión completa, espirometría, electrocardiograma en repouso e exercicio, proba de esforzo, analítica sanguínea e antropometría. Todas estas probas son feitas co fin de descartar posibles patoloxías e coñecer o nivel de rendemento do organismo do atleta. Asemade lémbrase que tódolos atletas federados poden optar aos prezos especiais que esta clínica contempla no convenio ca FGA. A FGA recomenda a tódolos atletas federados que compiten a nivel autonómico a realización dunha proba de esforzo supervisada por doutores especialistas en medicina deportiva. Mais info (Click Aquí)

Compartir: