O mediofondo galego volve a destacar nunha competición de rango
internacional. Despois da magnífica actuación dos mediofondistas galegos no nacional de federacións, novamente o marinense Víctor Rioboo quiso demostrar o seu bo estado de forma
gañando a serie B do Meeting Internacional de Madrid. A pesar das malas condicións climatolóxicas Víctor Rioboo logrou parar o crono na proba dos 800 m.l. nun excelente tempo de
1:48:0 o que supón mínima para o Campionato de Europa. Estamos seguros que antes do remate da tempada este tempo pode ser rebaixado nunhas décimas por parte deste destacado atleta galego. (Resultados)