Resultados

8 medallas no Nacional promesa e 3 no Nacional junior. Fantástica actuación de Borja Barbeito 71,36 en xabalina. Record de España Junior!

Campionato Promesa: 3 Ouros, 3 Pltas e 2 Bronces
Na localidade de Calvia celébrase o Campionato Nacional Promesa e tras a disputa da 1 xornada. Manuel Uriz fíxose coa medalla de ouro na proba de xavelina cunha marca de 68,86 metros. Tambien tomaron parte nesta xornada Santiago Ferrer e Telmo Beceiro en decathlon e tras a disputa de 100 metros, lonxitude e peso. Santi logra a terceira posición con 1983 puntos e Telmo a sexto con 1861. Ao final da xornada , Santi logra unha puntuación de 3292, retirándose da competición Telmo Beceiro.
A xornada de tarde comezou co martelo mulleres, e Sara Arosa con 48,21 metros logro a medalla de prata. Samuel Paz interveu na semifinal de 400 valos, logrando 52.83 e pasando á final . Maximiiano Rodriguez non logra entrar na final ao facer uns discretos 11.34 en semifinais. Lucia Pérez en triplo con 11,80 foi quinta. O gran favorito da proba non defraudou e Jean Marie Okutu proclamouse campión en lonxitude cunha marca de 7,56 metros, sacándolle máis de 40 cm. , ao segundo clasificado. Sexta posición para Sandra Mosquera en 1500 con 4.32.38. Finalizo a xornada coa proba de 10 Km. Marcha onde interveu Samantha Mulloni que entro en meta en oitava posición con 56.13.31

A xornada do domingo, deparou 5 novas medallas para os galegos,a medalla de ouro lograda por José Afonso Palomanes en triplo con 15,90 aumenta o seu palmares como Campión de España, as dúas pratas logrados foron para Santiago Ferrer en Decathlon con 6447 puntos. Mención para a expectacular marca de Esther Navarrete Santana, nos 5.000 m. terminou a carreira nunha 3ª posición que lle supón a medalla de prata cunha marca de 16.53.09 pois o pasado ano terminou a tempada cunha marca en 3.000 m. de 10.55.7, e este ano nunha gran carreira habia realizado 17.44.23, polo cal unha mellora na distancia de máis de 50 segundos e os bronces foron logrados por Paula Mayobre en 5000 con 16.57.90 facendo un bo rexistro e Samuel Paz en 400 valos con 52.46 Actuacción Galega


Campionato Junior: 3 MEDALLAS : 2 OUROS – 1 BRONCE: BORJA BARBEITO 71,36 EN XAVELINA RECORD DE ESPAÑA
Castelló é a sede da disputa do Nacional Junior, e tras a disputa da primeira xornada, Iria Abelleira e Lucia Seijas son as dúas únicas atletas que interviñeron nas combinadas Heptathlón.
Na xornada de tarde Pablo Denis logro a primeira medalla para os nosos representantes na proba de martelo cun lanzamento de 63,66 metros facéndose coa medalla de bronce. Tambien interveu Carlos Revuelta con 55,92 metros e oitava posición. Na xornada do domingo.Unha nova medallas para os galegos a cargo de Leticia Fernandez na proba de 1500 metros con 4.31.88
Record de España Junior
¡Fantastico¡ Borja Barbeito que volveu bater o record de España Junior de fai uns días en Gijón ao lanzar a xavelina a 71,36 ¡parabén¡ Dende a FGA queremos felicitar a todos os atletas polos bos campionatos realizados Actuacción Galega

Compartir: