Entre os días 12 e 16 de xullo a Federación Galega de Atletismo, a través da Escola Galega de Marcha organizará unha concentración para os atletas deste sector. Están convocados un total de 25 atletas e adestradores. O obxectivo desta actividade é intercambiar experiencias entre adestradores e establecer unha convivencia entre os atletas desta modalidade á vez de mellorar aspectos técnicos e físicos. A concentración estará dirixida polo director da Escola o olímpico Santiago Pérez. Todolos atletas deben confirmar a súa participación nesta importante actividade. Mais info. Click AQUÍ